27.12.11

Papá Noel trouxo axudantas en Foz

Fomos levar ás nenas á gardería o día en que lles viña Papá Noel (que era Pacola, que fixo un belén de plastilina moi chulo, a ver se poño unha foto). E ao voltar -eu levei a bici, que me encanta acompañar a meus pais nela- atopamos un Papá Noel en zancos cunhas mamá noelas patinadoras repartindo caramelos. Sabedes con que están feitas estas fotos? Coa miña cámara, que foi un regalo de cumpre e que non lle presto a ninguén, nin a papi, pois eu fago fotos moi especiais! 

Posted via email from Un de Comoxo

Related Posts with Thumbnails